Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Tipo de delito
A violencia de xénero ten a súa orixe na desigualdade de xénero. Considérase violencia de xénero a calquera acto violento ou abusivo que teña como obxectivo causarche dano físico, sexual, psicolóxico ou emocional por motivos do teu xénero.
Este tipo de violencia de xénero pode manifestarse con:
- Violencia física: Golpes, empuxóns ou calquera forma de agresión física.
- Violencia verbal e/ou emocional: Insultos, ameazas ou manipulación emocional.
- Violencia sexual: Abuso sexual, acoso sexual ou explotación sexual.
- Violencia económica: Control financeiro ou privación de recursos económicos.
É un problema grave que afecta en maior medida a mulleres e nenas, aínda que tamén pode afectar a homes e nenos, de calquera clase social.
O delito pódese agravar se tes algún tipo de discapacidade, se pertences a unha raza ou relixión, ou se es muller e o teu agresor é o home co que mantiveches ou segues mantendo unha relación afectiva.