Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Tipo de delito
O delito de acoso laboral, coñecido como mobbing, consiste na conduta sistemática e hostil no traballo que busca intimidar, menosprezar ou forzar a saída da vítima. Pode ser exercido por compañeiros, superiores ou subordinados.
O acoso laboral pode manifestarse de moitas formas:
-
Acoso social: Excluir á persoa de actividades grupais, illamento social no traballo.
-
Acoso verbal: Insultos, comentarios despectivos ou burlas.
-
Acoso psicológico: Manipulación emocional, ameazas veladas ou directas.
-
Acoso físico: Contacto físico non desexado ou intimidación mediante xestos ou actitudes ameazantes.
O acoso laboral pode ter consecuencias legais para o agresor e para a empresa se non toma medidas preventivas ou correctivas.
O delito de acoso escolar, coñecido como bullying, implica a agresión física, verbal, psicolóxica ou social de xeito reiterado e sistemático contra un estudante dentro do ámbito escolar.
O acoso escolar pode manifestarse de moitas formas:
-
Acoso físico: Golpes, empurróns, agresións con obxectos.
-
Acoso verbal: Insultos, ameazas, alcumes humillantes.
-
Acoso psicolóxico: Manipulación, chantaxe, exclusión social.
-
Ciberacoso: Uso de redes sociais ou dispositivos electrónicos para hostigar, humillar ou difundir contido prexudicial sobre a vítima.
Os centros escolares teñen a responsabilidade de garantir un entorno seguro para todos os estudantes. Cando se producen casos de acoso escolar e se demostra que o colexio non actuou adecuadamente, poden derivar diversas consecuencias legais.