Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Vítima de odio e/ou discriminacion
Tipo de delito
Os delitos de odio ou discriminación prodúcense cando unha persoa ou un grupo é atacado, agredido, insultado ou marxinado debido a características como a súa raza, etnia, relixión, orientación sexual, xénero, discapacidade, ideoloxía política ou calquera outro factor pertencente á súa identidade.
Estes delitos buscan xerar un dano ou persecución cara a unha persoa ou grupo pola súa identidade. Este tipo de violencia pode manifestarse de moitas maneiras, a través de:
-
Agresións físicas: Golpes ou calquera tipo de violencia física que cause dano.
-
Agresións verbais: Insultos ou palabras ferintes que buscan ofender ou atacar.
-
Ameazas: Expresións coa intención de facer dano ou causar medo.
-
Actos de vandalismo: Romper, danar ou ensuciar cousas que non pertencen ao agresor, como paredes, coches ou edificios.
-
Incitación ao odio: Dicir ou facer cousas que animan a odiar ou agredir a un grupo de persoas pola súa raza, relixión, xénero ou orientación sexual.