Exit OAVID
Saír
Portal OAVID
Vítima de violencia de xénero

Recursos asistenciais dispoñibles


Asistencia telefónica

  • Teléfono 016: Servizo gratuíto e confidencial dispoñible as 24 horas para información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata e confidencial para todas as formas de violencia. Está principalmente dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero, pero tamén ofrece apoio a outras persoas afectadas por esta violencia, como familiares ou amigos.

  • Emerxencias 112: Teléfono de atención psicolóxica de emerxencia en domicilio, para os casos máis graves ou con resultado de morte.

  • Acceso ao 112 para xordos: O Centro Integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia (CIAE112) ofrece ás persoas con discapacidade auditiva a posibilidade de acceder ao servizo mediante mensaxes de texto. Aquí móstrase un esquema do seu funcionamento. Esquema de funcionamiento | Axega.

  • Teléfono da muller (900 400 273): Teléfono de información ás mulleres gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, para toda a Comunidade Autónoma.

  • Centros de Información ás Mujeres (CIM): Brindan ás mulleres asesoramento xurídico, apoio psicolóxico, información sobre recursos e servizos (axudas, subvencións, programas sociais e servizos especializados para mulleres, como os relacionados coa saúde, a educación e o emprego), así como información sobre a prevención da violencia de xénero e fomento da igualdade. Centros de Información a las Mujeres | Mujeres en Galicia

  • Cruz Vermella Escóitache (900 107 917): Liña de apoio emocional Para ofrecer apoio e acompañamento psicosocial a persoas que están a pasar por situacións difíciles e necesitan axuda emocional.l.

  • Consultas relacionadas con violencia de xénero (900 50 55 50): É o número de teléfono gratuíto de atención, da Xunta de Galicia, para consultas relacionadas con violencia de xénero. Este servizo está destinado a ofrecer apoio ás vítimas de violencia, proporcionándolles información, orientación e asistencia.

Refuxios e centros de acollida

  • Traslado de casos de violencia de xénero a centros de acollida: Apóiase o traslado das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas a calquera dos centros que conforman a Rede Galega de Acollida.  Centros que conforman a Rede Galega de Acollida.

Centros de atención e recuperación

Asistencia xurídica

Asistencia psicolóxica e social

  • Liña de apoio psicolóxico (717 003 717): Liña gratuíta e confidencial, dispoñible as 24 horas do día, xestionado polo Ministerio de Igualdade de España. É un servizo público que ofrece orientación emocional, apoio psicolóxico e acompañamento ás persoas que sufriron violencia de xénero, xa sexa de forma física, psicolóxica, sexual ou económica. Alén de brindar apoio emocional, tamén ofrece información sobre os recursos legais e sociais dispoñibles para as vítimas, como o acceso á protección, denuncias, e refuxios.

Axudas económicas

Protección

  • Medidas de protección como ordes de afastamento e vixilancia policial para garantir a seguridade das vítimas.

  • Punto de coordinación das ordes de Protección (PCOP): Este organismo, adscrito ao Servizo Galego de Igualdade, leva a cabo o seguimento das ordes de protección das mulleres vítimas de violencia, realizando as xestións oportunas ante as diferentes administracións para facilitarlle o acceso aos recursos existentes e ofrecerlles un marco integral de protección. Punto de coordinación de las órdenes de protección | Mujeres en Galicia

Unidades especializadas nos casos de violencia de xénero

  • Xulgados de Violencia sobre a Muller

  • Unidades policiais especializadas(UFAM): Unidade de Atención á Familia e Muller nos casos de violencia de xénero.

Guías de recursos para as vítimas

  • Guía de recursos fronte á violencia de xénero,  con información sinxela e directa dos recursos existentes na rede galega de apoio, clasificados segundo a área de que se trate: psicolóxica, social, xurídica, económica, laboral etc. : Guia de recursos para as vítimas

Oficinas de asistencia ás vítimas do delito

Xunta de Galicia