Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Vítima de violencia de xénero
Dereitos das vítimas
As vítimas de violencia de xénero en España teñen unha serie de dereitos específicos para garantir a súa seguridade, protección, apoio integral e benestar. Estes son os teus dereitos:
-
Tes dereito a recibir información
-
Información gratuíta sobre os recursos dispoñibles, os procedementos legais e as axudas ás que podes acceder.
-
-
Tes dereito á protección e seguridade
-
Medidas de protección como ordes de afastamento e vixilancia policial.
-
Acceso a unidades policiais así como á Sección de Violencia sobre a Muller dos Tribunais de Instancia.
-
-
Tes dereito á asistencia psicolóxica e social gratuíta
-
Programas de apoio psicolóxico e social para a recuperación integral.
-
Información sobre os servizos dispoñibles de asistencia material, médica, psicolóxica e social.
-
Acceso a recursos de aloxamento que garantan a túa seguridade e cubran as túas necesidades básicas.
-
-
Tes dereito á asistencia xurídica gratuíta
-
Asistencia legal inmediata e especializada para a defensa dos teus dereitos.
-
Asesoramento sobre os teus dereitos e as accións que podes emprender.
-
-
Tes dereitos laborais e económicos
-
Adaptacións no posto de traballo e protección fronte ao despedimento.
-
Acceso a programas específicos de emprego e formación.
-
Axudas económicas específicas para mulleres con dificultades para atopar emprego.
-
Prioridade no acceso a vivendas protexidas e residencias públicas.
-