Dentro dos dereitos básicos do Estatuto da Vítima de delito recóllese o dereito a presentar unha solicitude para que se lle notifiquen unha serie de resolucións procesuais, que se reflicten no artigo 7 da devandita norma.
Para estes efectos, a vítima designará na súa solicitude unha dirección de correo electrónico e, na súa falta, unha dirección postal ou domicilio, á que serán remitidas as comunicacións e notificacións por parte da autoridade.
No caso de ser vítima de violencia de xénero non é necesario que presente a solicitude. O tribunai de instancia ten o deber de comunicar as seguintes resolucións:
- As resolucións que acorden o ingreso en prisión ou a posterior posta en liberdade da persoa infractora, así como a súa posible fuga.
- As resolucións que acorden a adopción de medidas preventivas persoais ou que modifiquen as xa acordadas, cando teñan por obxecto garantir a seguridade da vítima.