Exit OAVID
Saír
Portal OAVID
Ofrecemosche

Atencion social


As Oficinas de Atención ás Vítimas de Delito ofrecen os servizos dos traballadores sociais para proporcionar un apoio integral ás vítimas de delito, atendendo ás súas necesidades sociais, legais e de seguridade, facilitando o seu proceso de recuperación e reintegración. Algúns dos servizos ofrecidos inclúen:

  • Acompañamento emocional durante o proceso xudicial.
    Os traballadores sociais ofrecen apoio emocional e acompañamento durante o proceso xudicial.
  • Asesoramento e orientación na reparación do dano.
    Proporcionan información sobre os dereitos económicos das vítimas. Orientan sobre como presentar reclamacións (procedementos xudiciais), indemnizacións, compensacións ou reparacións económicas. Tamén orientan sobre as opcións de apoio legal dispoñibles ou como acceder a programas de axuda estatal ou privada.
  • Xestión de recursos e derivación a outros servizos.
    Os traballadores sociais identifican as necesidades das vítimas, como a necesidade de refuxio, asistencia médica, apoio económico ou servizos legais. En función destas necesidades, derivan ás persoas a outros servizos especializados como centros de saúde, organizacións non gobernamentais ou programas de reparación do dano.
  • Promoción da integración social.
    Os traballadores sociais fomentan a reintegración social das vítimas, o que pode incluír axuda na procura de emprego, mellora da súa situación habitacional e creación de redes de apoio social e comunitario.
  • Protección e seguridade.
    Nalgúns casos, os traballadores sociais tamén poden intervir para garantir a seguridade das vítimas, derivándoas a programas de protección especial se se atopan en risco, como nos casos de violencia doméstica ou ameazas.
  • Fase de acollida
    • Recollen información para obter unha avaliación inicial da vítima respecto ás súas necesidades de asistencia social.
    Fase de Información
    • Proporcionan información sobre as medidas de asistencia e apoio dispoñibles e axeitadas para o caso concreto (médicas, materiais, etc.), así como sobre o procedemento para a súa aplicación.
    • Proporcionan información sobre as posibilidades de obter un aloxamento alternativo, cando resulte oportuno.
    • Proporcionan información sobre as indemnizacións ou axudas económicas ás que poida ter dereito, e, de ser o caso, sobre o procedemento para reclamalas.
    • Proporcionan información sobre os servizos sociais e asistenciais especializados e dispoñibles que poidan prestar asistencia.
  • Fase de Intervención
    • Proporcionan asistencia na xestión de solicitudes e coordinación con outros servizos sociais.
    • Elaboran informes de avaliación individualizada que lles solicite a autoridade xudicial ou fiscal competente para adoptar as medidas de protección, ás cales lles serán remitidos con carácter reservado, sen ter a consideración de peritaxe.
  • Fase de Seguimento
    • Comproban a evolución da vítima respecto da súa situación de vulnerabilidade.
    • Realizan o seguimento da vítima durante un período de tempo, despois da conclusión do proceso xudicial, se o profesional o considera necesario, en función das circunstancias do caso.
Xunta de Galicia