Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Recursos asistanciais dispoñibles
Ademais de poder contactar coas nosas Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito (OAVD) en Galicia, para proporcionarte todo o apoio que poidas necesitar (psicolóxico, social e xurídico), aquí che indicamos outros recursos asistenciais para garantir a túa protección e apoio:
Acoso Laboral
Se es víctima de acoso laboral, hai varios recursos asistenciais aos que podes acudir dependendo da túa localización. Aquí deixámosche algunhas opcións xerais:
- Institucións gobernamentais e organismos de dereitos laborais
-
Ministerio de Traballo: Dispoñen de oficinas para denunciar acoso laboral.
-
Inspección do Traballo: Podes presentar unha denuncia para que investiguen a túa situación.
-
Valedor do Pobo: Proporcionan asesoría e apoio a traballadores afectados.
-
- Servizos de asesoría e denuncia
-
Sindicatos: Se pertences a un sindicato, como Comisións Obreiras (CCOO) ou a Unión Xeral de Traballadores (UXT), poden apoiarche con asesoría legal e mediación.
-
Oficinas de Recursos Humanos: En empresas grandes, adoitan existir protocolos para denunciar acoso de forma confidencial.
-
- Asistencia psicolóxica
-
Centros de atención psicolóxica: Algúns hospitais públicos ofrecen terapia.
-
Psicólogos especializados en acoso laboral: Pode ser útil acudir a un especialista para xestionar o impacto emocional.
-
Servizos de Prevención de Riscos Laborais: As empresas están obrigadas a contar con servizos de prevención que inclúan a avaliación e xestión de riscos psicosociais. Se estás a sufrir acoso laboral, é importante informar a este servizo para que tomen as medidas adecuadas.
-
- Asesoría legal
-
Avogados especializados en dereito laboral: Poden orientarche sobre os teus dereitos e os pasos a seguir.
-
Asesoramento xurídico en liña: Asesoramento Xurídico On-line | Mulleres en Galicia.
-
En Galicia
-
AGACAM (Asociación Galega contra o Acoso Moral no Traballo): Esta organización ofrece apoio e asesoramento ás persoas afectadas por acoso laboral en Galicia. A súa sede principal atópase en Santiago de Compostela.
Dirección: Rúa das Letras Galegas, 45, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).
Teléfono: 630 387 360 -
Protocolo da Xunta de Galicia: A Xunta implementou un protocolo para detectar e resolver situacións de acoso laboral e outras discriminacións no ámbito da Administración Pública. Este protocolo establece mecanismos para a asistencia e protección das víctimas, garantindo a súa saúde e benestar na contorna laboral. Ademais, en novembro de 2023, publicouse o "Protocolo de actuación fronte ao acoso e ás violencias sexuais e psicolóxicas no traballo", reforzando as medidas de prevención e actuación nestes casos. Protocolo de acoso laboral.
-
Confederación Intersindical Galega (CIG): Ofrecen asesoramento e apoio a traballadores que enfrontan situacións de acoso laboral. Poden darche orientación legal e acompañamento durante o proceso de denuncia.
-
Colexio de Avogados de Galicia: Os colexios profesionais adoitan dispoñer de servizos de orientación xurídica gratuíta ou a baixo custo para persoas que requiren asesoramento legal nos casos de acoso laboral.
-
Servizos de Saúde Pública: O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrece atención médica e psicolóxica a quen o necesite. Podes acudir ao teu centro de saúde para solicitar apoio psicolóxico ou psiquiátrico.
-
Teléfono da muller (900 400 273): Servizo de información ás mulleres gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, para toda a Comunidade Autónoma. Teléfono da Muller | Mujeres en Galicia.
Acoso Escolar
En Galicia, tes á túa disposición unha ampla gama de recursos asistenciais para axudarche a superar o acoso (bullying). Aquí mostrámosche múltiples opcións para atopar apoio e protección:
-
Liña de Atención á Infancia e Adolescencia
Teléfono 900 018 018 é unha liña gratuíta e confidencial que ofrece orientación e apoio a vítimas de acoso escolar como ti, así como aos teus familiares. Esta liña está dispoñible as 24 horas e axudarache a saber como actuar e que pasos seguir. -
Servizo de Atención á Infancia e Adolescencia da Xunta de Galicia
Servizo de Información, Orientación e Asesoramento Psicolóxico (900 333 666) ofréceche axuda emocional e oriéntache sobre como actuar fronte ao acoso escolar. -
Asesoramento Psicolóxico e Terapia
Os Centros de Saúde Mental da rede pública de Galicia están dispoñibles para proporcionarche apoio psicolóxico se sufriches efectos emocionais por mor do acoso. Estes centros poden ofrecerche terapia tanto a ti como á túa familia.
Estes Centros de Saúde Mental de Galicia pódelos atopar na túa localidade a través do teu centro de saúde ou do Servizo Galego de Saúde (Sergas). -
Servizo de Asesoramento Xurídico
Podes acudir aos Colexios de Avogados para recibir orientación legal sobre como proceder. -
Servizos Sociais Municipais
Se necesitas axuda a nivel local, diríxeche aos servizos sociais municipais da túa localidade. Eles poden orientarche sobre as medidas para tomar e axudarche a acceder a outros servizos especializados, como psicólogos ou avogados. -
Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar en Centros Educativos
En Galicia, existe un protocolo para actuar cando se detecta un caso de acoso escolar. Este protocolo asegura que os centros educativos tomen as medidas necesarias para protexerche e garantir o teu benestar. O protocolo inclúe medidas de prevención, intervención e resolución de casos de bullying.
Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar | Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Oficinas de asistencia ás vítimas do delito
- Estamos contigo proporcionándoche toda a axuda e apoio que poidas precisar para superar a túa situación e protexer os teus dereitos. Pide a túa cita aqui: Oficinas de asistencia ás vítimas do delito.
Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia