Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Dereitos das vítimas
As vítimas de acoso laboral teñen dereitos específicos para protexer o seu benestar e dignidade no lugar de traballo. Estes son algúns dos dereitos máis comúns que podes ter como vítima de acoso laboral:
-
Dereito á seguridade física e mental no traballo. O empregador ten a obriga de garantir que o ambiente de traballo non afecte a túa saúde mental ou física. Tes dereito a pedir medidas de protección ou incluso un permiso médico para recuperarte.
-
Dereito á denuncia ante as autoridades laborais. Se a empresa non actúa ante unha denuncia de acoso laboral, tes dereito a levar o teu caso ante a inspección de traballo ou organismo especializado en dereitos laborais.
-
Dereito á confidencialidade. Tes dereito a denunciar de maneira confidencial, e as empresas e autoridades deben protexer a túa identidade e os detalles da túa denuncia para evitar represalias e preservar a túa seguridade.
-
Dereito á protección fronte a represalias. Non podes ser castigado/a nin discriminado/a por denunciar. A lei protéxete de represalias, como a perda do emprego, redución de salario ou marxinación laboral, como consecuencia de ter denunciado.
-
Dereito a recibir apoio. Tes dereito a ser apoiado/a por Recursos Humanos ou, nalgúns casos, por un sindicato ou avogados laborais. As empresas están obrigadas a ofrecerche apoio e a investigar adecuadamente a túa denuncia.
-
Dereito á reparación do dano. Se se demostra que fuches vítima de acoso laboral, tes dereito a que se tomen medidas correctivas. Isto pode incluír sancións aos agresores, cambios nas condicións de traballo ou unha indemnización por danos emocionais derivados do acoso.
-
Dereito a un cambio de posto ou reubicación. Se o acoso laboral é grave, tes dereito a pedir un traslado ou cambio de posto dentro da empresa para evitar a convivencia co agresor. A empresa debe garantir o teu benestar laboral e emocional.
-
Dereito á indemnización por despedimento injustificado. Se o acoso laboral chega a un punto no que te ves obrigado/a a deixar o teu traballo, podes ter dereito a unha indemnización por despedimento injustificado, se se demostra que a empresa non tomou medidas axeitadas para remedialo.
-
Dereito á non discriminación. O acoso laboral, cando se basea no xénero, raza, orientación sexual, relixión, discapacidade ou outros factores protexidos, pode ser considerado como unha forma de discriminación. Neste caso, tes dereito a denunciar o acoso por discriminación. Se sentes que estás a ser vítima de acoso, é recomendable que busques asesoría legal ou do departamento de recursos humanos da túa empresa para que se inicien as accións necesarias para protexer os teus dereitos e benestar.
Se es vítima de acoso, é fundamental que o teu centro educativo actúe rapidamente para previr a repetición dunha situación similar e garantir que recibas o apoio emocional, académico e legal que necesitas. A protección da túa identidade e a sanción aos agresores son elementos clave.
Se algunha vez te atopas nesta situación, podes esixir que se respecten os teus dereitos:
-
Dereito a ser escoitado. Tes dereito a contar a túa versión dos feitos. Ademais, debes poder participar na resolución do problema de bullying, co apoio dos teus pais ou de quen ti queiras.
-
Dereito á confidencialidade. A información sobre o acoso non debe ser compartida sen o teu consentimento ou o dos teus pais ou titores. A túa identidade e os detalles do acoso son confidenciais.
-
Dereito á educación nun entorno seguro. O teu centro debe asegurarse de que poidas continuar cos teus estudos sen que o acoso te afecte académicamente.
-
Dereito a unha resposta rápida. O teu centro educativo debe actuar con rapidez e eficacia. Debe investigar os feitos e tomar as medidas necesarias para resolver a situación.
-
Dereito á protección. O teu centro educativo debe asegurarse de que non sexas vítima de ningún tipo de acoso, xa sexa físico, verbal ou psicolóxico. O colexio debe tomar medidas de protección para que non se repita o acoso.
-
Dereito a apoio psicológico. Tes dereito a recibir apoio psicológico se o acoso che causou dano emocional. O colexio debe proporcionarte acceso a servizos de apoio, para recuperarte, tanto no académico como no emocional.
-
Dereito a non sufrir represalias. O teu colexio debe asegurarse de que non sexas obxecto de máis acoso por parte dos teus agresores nin de ningún tipo de castigo por parte do centro.
-
Dereito a que se tomen medidas contra os agresores. O colexio debe identificar aos agresores e aplicar as medidas disciplinares correspondentes: advertencias, sancións ou incluso a expulsión do centro educativo.