Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Vítima de odio e/ou discriminacion
Dereitos das vítimas
Como vítima dun delito de odio ou discriminación, tes unha serie de dereitos fundamentais:
-
Dereito a ser escoitado/a. Tes dereito a que a túa denuncia sexa tomada en serio e a ser escoitado/a polas autoridades.
-
Dereito á confidencialidade. Toda a información persoal sobre o delito que denuncies será tratada de forma confidencial.
-
Dereito á asistencia xurídica. Tes dereito a recibir asistencia legal gratuíta se o necesitas para presentar unha denuncia ou defenderte de calquera agresión.
-
Dereito a recibir atención psicolóxica e social. Tes dereito a recibir apoio psicológico e social se fuches afectado/a emocionalmente polo delito.
-
Dereito á reparación. Se sufriches danos materiais ou persoais, podes solicitar unha compensación económica ou calquera outro tipo de reparación.
-
Dereito á protección. Podes solicitar medidas de protección se sentes que a túa seguridade está en perigo. Isto inclúe desde ordes de afastamento ata protección policial.