Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Vítima de odio e/ou discriminacion
Como te pode afectar o delito
Ser vítima dun delito de odio ou discriminación pode afectarte de moitas maneiras.
É probable que experimentes:
-
Dano físico ou psicolóxico. As agresións físicas ou psíquicas poden deixarte secuelas visibles ou invisibles. O medo, a ansiedade e o estrés son comúns nestes casos.
-
Sentimento de inseguridade. Podes sentir que a túa identidade está a ser atacada, o que pode afectar o teu benestar emocional e o teu sentido de seguridade persoal.
-
Illamento social. Os actos de discriminación ou violencia poden levarche a sentirte excluído/a da sociedade ou do teu contorno.
-
Secuelas na túa calidade de vida. O medo constante e as consecuencias do ataque poden afectar a túa vida diaria, o teu traballo e as túas relacións.