Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Vítima de agresion sexual
Dereitos das vítimas
As vítimas de violencia sexual en España teñen unha serie de dereitos específicos garantidos pola Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual. Estes son os teus dereitos:
-
Tes dereito á información. Tes dereito a recibir información sobre os recursos dispoñibles, os procedementos legais e as axudas ás que podes acceder.
-
Tes dereito á protección. Gárdase a túa protección a través de medidas como ordes de afastamento e protección policial.
-
Tes dereito á asistencia integral. Tes dereito ao acceso a servizos de atención, emerxencia, apoio e recuperación integral.
-
Tes dereito á reparación. Tes dereito a recibir indemnizacións e á reparación do dano sufrido.
Estes dereitos buscan asegurarte o apoio necesario para superar as consecuencias da violencia sexual e recuperar o teu benestar. Contacta con nós para que che informemos persoalmente.