Exit OAVID
Saír
Portal OAVID
Vítima de agresion sexual

Como te pode afectar o delito


O delito de agresión sexual pode ter un impacto devastador, afectando múltiples aspectos da túa vida. Estas poden chegar a ser algunhas das consecuencias máis comúns:
  • Consecuencias emocionais e psicolóxicas
    • Trastornos de ansiedade
    • Depresión
    • Estrés postraumático
    • Sentimentos de culpa e vergoña
    • Baixa autoestima
  • Consecuencias físicas
    • Posibles lesións físicas inmediatas ou problemas de saúde a longo prazo
    • Trastornos do sono
    • Problemas sexuais
  • Consecuencias sociais
    • Illamento social
    • Dificultades nas relacións persoais e profesionais
    • Estigmatización
  • Consecuencias económicas
    • Derivadas do tratamento médico e psicolóxico
    • Pola perda de ingresos debido á incapacidade para traballar
    • Polos gastos legais
  • Impacto na vida diaria
    • As vítimas poden ter dificultades para levar unha vida normal
    • Problemas no seu rendemento académico ou laboral
    • Problemas para gozar das actividades cotiás

É importante que recibas apoio e tratamento axeitado para poder superar estas consecuencias e recuperar o teu benestar. Nós estamos aquí para axudarte.

Xunta de Galicia