Saír
Se precisas SAÍR RÁPIDO de esta web, fai click no botón
SAÍR
Estará sempre dispoñible na parte dereita das páxinas. Ao pinchar sobre él, levarate a un contido distinto.
Tipo de delito
Os delitos contra menores de idade son aqueles que afectan a persoas que aínda non alcanzaron a maioría de idade (18 anos). Estes delitos son especialmente graves debido á vulnerabilidade dos menores, que non posúen a madurez nin a capacidade emocional, psicolóxica ou física para afrontar certas situacións de abuso ou explotación.
Os delitos contra menores poden abarcar unha ampla gama de actos, que poden deixar secuelas emocionais e psicolóxicas de por vida na vítima, incluíndo trastornos de ansiedade, estrés postraumático, depresión, baixa autoestima, dificultades sociais e académicas, entre outros.
-
Abuso físico. Calquera acto de violencia física contra un menor, como golpes, patadas, empurróns, queimaduras ou calquera outra forma de maltrato corporal.
-
Abuso sexual. Calquera tipo de actividade sexual entre un adulto e un menor, como tocamientos inapropiados, exhibicionismo, o contacto sexual físico, a explotación sexual, gravación de pornografía infantil, a manipulación para realizar actos sexuais, entre outros.
-
Abuso emocional e psicológico. O abuso emocional ou psicológico inclúe calquera tipo de manipulación, intimidación, humillación ou control mental, como insultos, ameazas, illamento social, burlas, violencia verbal, etc.
-
Delitos cibernéticos (ciberacoso e explotación). Estes delitos inclúen o ciberacoso e a explotación sexual en liña, como pode ser o envío de mensaxes ou imaxes sexuais a menores, a creación de perfís falsos para manipular a menores, acoso en redes sociais, etc.
-
Negligencia infantil. A negligencia ocorre cando os coidadores ou responsables do menor non proporcionan o necesario para o seu benestar físico e emocional, como deixar ao neno sen supervisión, non alimentalo adecuadamente, non proporcionar atención médica, abuso de substancias no fogar que poñan en perigo ao menor, etc.
-
Sustracción parental. A sustracción parental é un delito no que un dos pais leva ao fillo sen a autorización do outro, con fins de extorsión ou chantaxe.
-
Delitos relacionados co consumo de drogas. Os menores tamén poden ser vítimas de delitos relacionados coas drogas, como o tráfico de substancias a menores, forzar a un neno ou adolescente a consumir substancias ou involucrar a menores en actividades de tráfico de drogas.
-
Explotación laboral infantil. A explotación laboral infantil ocorre cando se obriga a un menor a traballar en condicións perigosas, por longas horas e a miúdo sen pago ou cun pago moi baixo.
-
Tráfico de menores. O tráfico de menores é o delito no que se secuestra ou manipula a un menor co obxectivo de explotalo sexualmente, para traballos forzados ou para outras formas de escravitude moderna.