Exit OAVID
Exit
Vítima de agresion sexual

Recursos asistenciais dispoñibles


Ademais de poder contactar coas nosas Oficinas de Asistencia ás Vítimas de Delitos (OAVD) en Galicia, para proporcionarche todo o apoio que poidas necesitar (psicolóxico, social e xurídico), aquí che indicamos outros recursos asistenciais para garantir a túa protección e apoio:

Liñas de axuda e emerxencias

Existen liñas telefónicas de axuda e emerxencias dispoñibles as 24 horas para brindarche apoio inmediato e confidencial.

  • Teléfonos de emerxencia: Se é unha emerxencia, o mellor é chamar ao 112 ou á Policía (091) ou á Garda Civil (062).

  • Acceso ao 112 para xordos: O Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112 Galicia (CIAE112) ofrece ás persoas con discapacidade auditiva a posibilidade de acceder ao servizo mediante mensaxes de texto. Aquí móstrase un esquema do seu funcionamento: Esquema de funcionamento | Axega.

  • Atención a vítimas de delitos sexuais (900 158 158): Liña gratuíta de atención, xestionada polo Ministerio de Igualdade.

  • Teléfono de Atención a Vítimas de Violencia Sexual (900 018 018): Teléfono gratuíto e confidencial que atende as 24 horas.

  • Teléfono 016: Servizo gratuíto e confidencial dispoñible as 24 horas que atende principalmente a vítimas de violencia de xénero, pero que tamén ofrece información e orientación nos casos de violencia sexual e outras formas de violencia contra as mulleres.

  • Teléfono da muller (900 400 273): Servizo de información ás mulleres gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, para toda a Comunidade Autónoma. Teléfono da Muller | Mulleres en Galicia.

  • Cruz Vermella Escoíta (900 107 917): Liña de apoio emocional. Para ofrecer apoio e acompañamento psicosocial a persoas que están a pasar por situacións difíciles e necesitan axuda emocional.

Centros de atención

  • Centros de crise: Podes atopar información e apoio para mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia nos Centros de Crise 24 horas. Estes centros están dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano, e ofrécenche servizos como acompañamento integral, intervención psicolóxica e social, asistencia xurídica e apoio ao teu contorno. Centros de crise 24h | Mulleres en Galicia.

  • Subsidio para vítimas de violencia de xénero ou sexual: Xestionado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), este subsidio está dispoñible para ti se es unha persoa desempregada que sufriches violencia de xénero ou sexual. Inclúe apoio económico e orientación laboral. Subsidio para vítimas de violencia de xénero ou sexual.

Guias de recursos para as vítimas

Guías sobre a explotación sexual e trata de mulleres e nenas: Guias y protocolos

Axudas económicas a vítimas de violencias sexuais

Estas axudas están dirixidas especialmente a vítimas de violencias sexuais (a mulleres, nenas e nenos), independentemente da súa situación económica, sempre que sexan de nacionalidade española e foran acreditadas como tales, xa sexa a través de medios xudiciais ou extraxudiciais.

O Real Decreto 664/2024, do 9 de xullo, polo que se regulan as axudas económicas a vítimas de violencias sexuais, e polo que se modifica o Real Decreto 1452/2005, do 2 de decembro, polo que se regula a axuda económica establecida no artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, establece un sistema de indemnización para as persoas vítimas de delitos sexuais, asegurando o seu acceso a apoio económico directo.

O decreto especifica os procedementos para a solicitude, os requisitos para as vítimas e as condicións para acreditar a violencia sufrida, permitindo que tanto as vítimas directas como os seus familiares poidan acceder ás axudas.

Asesoramento xurídico en liña

Asesoramento Xurídico en Liña no servizo de asesoramento on line a través da web: Contacto | Igualdade en Galicia

Oficinas de asistencia ás vítimas do delito