Exit OAVID
Exit
Menor vítima de delito

Recursos asistenciais dispoñibles


Alén de poder contactar coas nosas Oficinas de Atención ás Vítimas de Delitos (OAVD) en Galicia, para proporcionarche todo o apoio que poidas necesitar (psicolóxico, social e xurídico), aquí indicámosche outros recursos asistenciais para garantir a túa protección e apoio: 

Teléfonos de axuda

  • Teléfono ANAR de Axuda a Nenos/as e Adolescentes (900 202 010): Atención gratuíta e anónima as 24 horas. Ofrece apoio psicolóxico, xurídico e social a menores en risco.

  • Teléfono Infancia Responde (116 111): Liña gratuíta para denunciar situacións de malos tratos ou abuso infantil. Poden chamar os nenos e nenas e calquera persoa que saiba dunha situación de malos tratos infantís ou falta da atención correcta.

  • Procura de nenos desaparecidos (116 000): Esta liña non é para emerxencias, senón que está dedicada á procura de nenos desaparecidos. É unha liña gratuíta e confidencial que forma parte da rede europea de números de emerxencia para a protección infantil.

  • 016: En casos de violencia de xénero na contorna familiar.

Unidades especializadas

  • Fiscalía de Menores: Protexe os dereitos dos menores. Podes acudir á Fiscalía Provincial máis próxima.

  • Policía Nacional - Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM): Especializada en violencia contra menores e violencia de xénero. Para denuncias, podes acudir a calquera comisaría.

  • Guardia Civil (EMUME): Unidade especializada en protección a menores e vítimas de violencia. Se unha muller ou un menor é vítima de violencia ou abuso, pódese acudir á Garda Civil para denunciar e solicitar a intervención da EMUME. Tamén actúan nos casos de desaparicións de menores e outras situacións de risco.

  • Equipo técnico do menor: Existen nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade en cada unha das catro provincias galegas, profesionais especializados na protección e atención a menores en situación de risco ou conflito.

Centros e Servizos de Protección

  • Servizos de Protección de Menores (en cada comunidade autónoma): Acollen a menores en situacións de risco. Ofrecen apoio psicolóxico, social e legal.

  • Fundacións e ONG: Fundación ANAR, Save the Children, Fundación Vicki Bernadet, entre outras, ofrecen asistencia especializada a menores vítimas de abusos e violencia.

Atención psicolóxica e sanitaria

  • Unidades de Saúde Mental Infantil e Xuvenil (USMIJ) do SERGAS: Especializadas na atención aos nenos e adolescentes con problemas de saúde mental, incluíndo estrés postraumática tras sufrir un delito.

Asistencia xurídica

Ligazóns de interese

Oficinas de asistencia ás vítimas do delito